Actualidade

Cinema

Volve o Universo David Lynch

Pasaron unhas semanas e a sensación de orfandade non cesa. A desaparición de David Lynch promete deixar un oco insubstituíble no cinema contemporáneo pero, para despedilo como se merece, en NUMAX temos preparada unha viaxe alucinante ao seu inimitable universo a través de 6 obras mestras imprescindibles. Toma nota e reserva xa as túas entradas!

Ver máis

Resumo anual

Repaso ao máis destacado de 2024 na Cooperativa NUMAX

[Ilustración: Pepa Prieto]

O 2024 que vimos de rematar foi un ano cheo de encontros e actividades na Libraría, o Cinema e o Laboratorio NUMAX. Como todos os anos nestas datas, compartimos un pequeno percorrido polo máis destacado dos últimos 366 días na vida da cooperativa. Moitas grazas por facelo posible co voso apoio e participación!

Ver máis