Actualidade

Cinema

O Cineuropa 37 vívese en NUMAX

Do 10 ao 21 de novembro a programación de NUMAX estará dedicada ao 37º Festival Cineuropa, acollendo algunhas das liñas de programación máis suxestivas do certame. Durante este tempo manteremos os pases matinais das últimas estreas da sala.

Ver máis

Libraría

Teresa Moure presenta a novela gráfica «Zeca Afonso. Balada do desterro» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acollerá o xoves 9 de novembro ás 20:00h a presentación da novela gráfica «Zeca Afonso. Balada do desterro» realizada a catro mans pola escritora Teresa Moure e a ilustradora portuguesa Maria João Worm, editada por aCentral Folque. No evento, unha das autoras, Teresa Moure, estará acompañada pola guitarrista Isabel Rei Samartim e o editor Ramon Pinheiro. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Cinema

Dobre sesión de zombies e Serie B no Samaín de NUMAX

No Cinema NUMAX non faltamos á cita co Samaín cunha dobre sesión especial que terá lugar na noite do martes 31 de outubro e se prolongará até ben pasada a medianoite. Proxectaremos dúas pezas de culto de John Carpenter e George A. Romero con tarifa especial reducida se colles entrada para ambos pases.

Ver máis