O nutricionista Álvaro Vargas presenta «Vegesanísimo»
O próximo sábado 15 de xuño ás 12:30 estará canda nós, na Libraría NUMAX, o xornalista e técnico superior en Dietética Álvaro Vargas para presentar o seu libro Vegesanísimo (Planeta de libros).
O próximo sábado 15 de xuño ás 12:30 estará canda nós, na Libraría NUMAX, o xornalista e técnico superior en Dietética Álvaro Vargas para presentar o seu libro Vegesanísimo (Planeta de libros).
O xoves 6 de xuño ás 20:00 a Libraría NUMAX acolle a presentación de Infamia, a última novela de Ledicia Costas, publicada por XERAIS.
Tras a presentación do ciclo da man do comisario, Ángel Calvo, e de Miguel Anxo Rodríguez, profesor de Historia da Arte na USC, nunha animosa conversa que podedes escoitar neste podcast, chega o primeiro dos Episodios de Creación Contemporánea, o vindeiro sábado 1 de xuño ás 12:30.
Dentro da Semana das Letras en NUMAX, este mércores 15 de maio ás 20:00 acollemos a presentación de Acción Catódica, publicada pola revista Luzes.
O xoves 16 de maio ás 20:00 a Libraría NUMAX acolle a presentación de A foresta e as árbores, publicado por Galaxia e o Grupo de Estudos Audiovisuais. O acto contará coa presenza da coordinadora do libro e catedrática en Comunicación Audiovisual, Margarita Ledo Andión e tamén das autoras e autores do volume: Marta Pérez Pereiro, María Soliña Barreiro, Antía López Gómez, Fernando Redondo Neira, José Luis Castro de Paz, Enrique Castelló Mayo, Xosé Nogueira Otero e Iván Villarmea Álvarez.