Presentación do almanaque de Ceos Galegos 2019
A presentación será o mércores 2 de xaneiro ás 20:00. Contaremos co seu editor, X. Dositeo Veiga e coa música en directo de Juan Vázquez.
A presentación será o mércores 2 de xaneiro ás 20:00. Contaremos co seu editor, X. Dositeo Veiga e coa música en directo de Juan Vázquez.
O xoves, 20 de decembro ás 20:00 Claudia González Caparrós presenta Te miro como quien asiste a un deshielo (La Bella Varsovia, 2018) acompañada do poeta Juan Bello Sánchez.
Este luns, 17 de decembro, ás 20:00, a Libraría NUMAX acolle a presentación da antoloxía poética O dono do derradeiro minuto (Tulipa Editora, 2018), de Luis García Montero, con tradución de Isaac Xubín. No acto participará o tradutor; a editora, Isabel Patiño; e a xornalista María Solar.
Chega a NUMAX unha das sensacións da tempada no cinema galego. Tras engaiolarnos coas súas estupendas curtametraxes (Ser e voltar, Anacos, Ecos) o cineasta de Xove Xacio Baño dá o salto á longa en Trote, sutil retrato da vida dunha muller no rural galego que terá a súa estrea o venres 14 e contará con presentacións e coloquios durante a vindeira fin de semana.
A ilustradora Nuria Díaz estará na Libraría NUMAX, acompañada da deseñadora Raquel Boo e do editor de Lunwerg Editores Javier Ortega, para falar do libro El Gran Hotel Wes Anderson, que acaba de saír do prelo. A presentación será o vindeiro mércores 12 de decembro ás 20:00 e acompañarase con imaxes e vídeos do traballo da artista.
O venres 28 de decembro ás 20:00 a historiadora e crítica de arte Natalia Poncela, acompañada de Teresa Moure, presenta Nem tudo é arte? Mod@s de olhar, que vén de saír do prelo dentro da Colecção Alicerces, da editora Através. A autora relanza o debate sobre arte contemporánea, dando pistas para outros modos de ollar, de sentir e de se apropiar do obxecto artístico, tendo en conta que as obras de arte non se reducen a meros obxectos de consumo ou de transación comercial.