Presentación do libro fotográfico «Síntomas», de Enrique Lista
O xoves 14 de febreiro ás 20:00 Enrique Lista presenta o seu libro de fotografías Síntomas, acompañado por Gonzalo Veloso e Tono Mejuto na Libraría NUMAX.
O xoves 14 de febreiro ás 20:00 Enrique Lista presenta o seu libro de fotografías Síntomas, acompañado por Gonzalo Veloso e Tono Mejuto na Libraría NUMAX.
Marleen MaLone, heterónimo de Iolanda Zúñiga, presenta na Libraría NUMAX Noites de safari (Xerais, 2018), o mércores 21 de novembro ás 20:00. Estará acompañada por Fran Alonso, director da editorial.
Este xoves, 15 de novembro, ás 20:00 a Libraría NUMAX acollerá a presentación de Revoltando á terra: reinventando o rural (Bolanda, 2018). Estarán connosco os coautores Edelmiro López Iglesias e Lourenzo Fernández Prieto.
O grupo de rap galego acaba de sacar do forno un novo traballo que levará o nome de Pólvora e Tormenta (Letras para Woody Mellor). Presentarano na Libraría NUMAX o vindeiro 16 de novembro ás 20:00, nun formato conversa que lles permitirá achegar ao seu público como xurdiu a historia que actúa como fío conductor deste novo disco.
A escritora presentará o 7 de novembro ás 20:00 A balada dos unicornios (Xerais, 2017), obra que foi merecedora do premio Lazarillo 2017. Acompañarana a crítica literaria Montse Pena Presas e o editor Fran Alonso.
No Cinema NUMAX estamos moi felices ao sermos designados, por segundo ano consecutivo, como un das sedes participantes nos LUX Film Days, unha iniciativa promovida por Europa Cinemas, o Parlamento Europeo e o Programa MEDIA Europa Creativa, que inclúe a proxección simultánea en 24 salas de toda Europa de dous dos filmes finalistas aos premios LUX.