Actualidade

Primeiro mercado de saldos de NUMAX

Rebuscamos entre os fondos esquecidos, pero tamén de novidades, da nosa libraría ata poder ofrecervos un surtido de materiais que podemos saldar. Aproveitade, porque só dura unha semana! Entre o 5 e o 11 de febreiro a Libraría NUMAX está de rebaixas! 

Ver máis

Cinema

Retrospectiva Jean-Marie Straub & Danièle Huillet, de febreiro a agosto de 2018

O Cinema NUMAX e o Museo Nacional de Arte Reina Sofía organizan unha amplísima retrospectiva dos cineastas Jean-Marie Straub & Danièle Huillet, cuxa obra constitúe un dos proxectos fílmicos máis coherentes e relevantes do século XX. O ciclo, comisariado por Chema González e Manuel Asín, componse de 15 sesións, nas que se proxectarán un total de 37 filmes, todo eles en copias DCP VOSE restauradas coa supervisión de Jean-Marie Straub e distribuídas por Belva Film.

Ver máis

Cinema

O Festival de Rotterdam vívese en NUMAX co IFFR Live 2018

Por terceiro ano consecutivo o Cinema NUMAX participa do Festival de Rotterdam a través do IFFR Live 2018 que inclúe a proxección en sala de catro filmes do certame, presentacións en streaming e coloquios en twitter. Do 26 ao 28 de xaneiro en NUMAX.

Ver máis