Estreas, filmes restaurados e traballos de vangarda fidelizan un público que atopa na súa visita ao Cinema NUMAX o valor engadido dunha libraría con identidade propia con máis de 5.000 volumes.
Estreas, filmes restaurados e traballos de vangarda fidelizan un público que atopa na súa visita ao Cinema NUMAX o valor engadido dunha libraría con identidade propia con máis de 5.000 volumes.
A filósofa e escritora Rebeca Baceiredo estará na Libraría NUMAX o próximo venres 27 de xaneiro ás 20:00 para presentar Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras, acompañada da escritora Teresa Moure e de Roberto Abuín, de Axóuxere Editora.
Este venres 30 de decembro ás 21:45 o cineasta Guillermo García López estará en NUMAX para presentar Frágil equilibrio, que se postula como un dos mellores documentais do ano.
Acompañado por Chus Villar, o artista Rosendo Cid presenta na Libraría NUMAX este xoves ás 20:00 unha compilación de raiados de xornais que dan nova vida ás palabras impresas, froito do traballo dun blog diario.
O vindeiro martes 13 ás 19:15 contaremos coa presenza do artista Carlos Pazos (Premio Nacional de Artes Plásticas 2004), que presentará e participará no posterior coloquio de Art¡ss!mo, «Película de citas» ou «colaxe para ler» do universo das artes plásticas e literarias que realizou entre 2012 e 2015. Sesión organizada en colaboración coa Galería Trinta.
(IMAXE: Alberto Gamazo)