Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

A odisea

Christopher Nolan

O lendario Odiseo loita por regresar a Ítaca tras a Guerra de Troia, enfrontándose a perigos épicos e criaturas míticas. Na súa longa viaxe, desafía deuses e supera obstáculos case imposibles. O seu maior desexo é reecontrarse coa súa amada Penélope e recuperar o seu fogar. Ler máis

O amor que permanece

Hlynur Pálmason

Ao longo dun ano, unha familia atravesa varios altibaixos emocionais provocados pola separación dos pais. A través de intres íntimos e estraños, revélanse as complexidades do amor, os lazos familiares e o peso das lembranzas compartidas. Ler máis

A eclipse

Michelangelo Antonioni

Vittoria (Monica Vitti), tras unha acalorada discusión, decide romper co seu mozo Riccardo (Francisco Rabal). Mentres goza da súa liberdade en compañía da súa nai, coñece a Piero (Alain Delon), un mozo e atractivo corredor de bolsa, un sedutor arrogante co que mantén un apaixonado romance. Ler máis

Vivir a terra

Huo Meng

En 1991, mentres China atravesa uns profundos cambios socioeconómicos que levan a moitos a abandonar as súas aldeas rurais en busca de traballo nas cidades, Chuang, un neno de 10 anos e o terceiro fillo da súa familia, debe quedarse na aldea debido aos plans familiares Ler máis

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis