Actualidade

Libraría

Alberto Berzosa e Xosé Manuel Buxán conversan na SELIC sobre a escena underground dos 70 e 80 en España

A Libraría NUMAX sae á rúa do 10 ao 14 de setembro participando na SELIC cun posto situado na rúa do Vilar. Ademais, somos as organizadoras da conversa entre o investigador Alberto Berzosa e o profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra Xosé Manuel Buxán arredor da escena cinematográfica underground na España dos anos 70 e 80. Será o luns 13 ás 17:30 na sede de Afundación.

Ver máis

Libraría

A filósofa Rebeca Baceiredo presenta «Como não ser, tranquilamente, human@s»

A relación entre o antropocentrismo, o pacto social, o uso da tecnoloxía e o capitalismo son algúns dos temas que trata Rebeca Baceiredo no libro Como não ser, tranquilamente, human@s (Através Editora). A presentación terá lugar o vindeiro mércores 22 de setembro ás 19:30 na Libraría NUMAX, nela a autora estará acompañará do escritor e filósofo Brais Arribas. 

Ver máis

Libraría

Intemperiadas #05 con Verónica Vicente: «[sen título]»

A quinta e última proposta do «Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias» acollerá o traballo da fotógrafa Verónica Vicente. A invervención, que leva por nome «[sen título]», terá lugar o próximo sábado 18 de setembro ás 13:30h. Esta actividade está comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.

Ver máis

Cinema

Encontro A cor das palabras con Sonia García López

Estreamos o curso cunha nova convidada no ciclo A cor das palabras que organiza o Concello de Santiago en colaboración con NUMAX. O domingo 12 de setembro ás 11:30, a investigadora e historiadora do cinema Sonia García López ofrecerá o encontro «Quen teme o lobo feroz? A Escola Oficial de Cinematografía e a censura».

Ver máis