A tradutora María D. Armental presenta «Poemas escollidos» do poeta escocés Douglas Dunn
A tradutora boirense María D. Armental presentará na Libraría NUMAX o libro Selected Poemas / Poemas escollidos do escritor Douglas Dunn. Trátase da primeira publicación traducida ao galego do autor escocés. Na presentación, que terá lugar este xoves 9 de xuño ás 20:30 da tarde, participará tamén o docente Ramón Bouzas. A entrada é libre ata completar aforo.