Fon Cortizo presenta «9 fugas» en NUMAX
O cineasta e guionista vigués Fon Cortizo visita NUMAX o luns 14 de marzo para facer presentación e coloquio de 9 fugas, incluída na programación d'Os ollos verdes. Xa podes reservar a túa entrada.
O cineasta e guionista vigués Fon Cortizo visita NUMAX o luns 14 de marzo para facer presentación e coloquio de 9 fugas, incluída na programación d'Os ollos verdes. Xa podes reservar a túa entrada.
A Libraría NUMAX acollerá o xoves 17 de marzo ás 20:30h da tarde a presentación do poemario «Simún» de Nuria Vilán editado por Chan da Pólvora. Neste encontro a poeta estará acompañada por Vanessa Glemsel, coa que comparte traballo artístico e coa que forma o espectáculo de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro.
Estamos moi felices de poder presentar e compartir o proxecto Videogramas, unha iniciativa do Cinema NUMAX para a creación de oito pezas curtas arredor da nosa cidade e a súa proxección na sala de cinema. Un proxecto desenvolvido ao abeiro do Fondo X21 da Xunta de Galicia. A primeira cita con Videogramas será este venres 4 de marzo coa peza «Mellor o libro» realizada por Eloy Domínguez Serén que poderá verse acompañando ao filme Un heroe, de Asghar Farhadi.
A Libraría NUMAX pon en marcha xunto á editorial Irmás Cartoné un clube de lectura que terá como primeiro bloque temático a ciencia ficción escrita por mulleres. A primeira sesión será aberta ao público, de carácter informativo e terá lugar o martes 1 de marzo ás 20:30h. Nela os editores Carlos Valdés e Celia Recarey presentarán a actividade a quen se queira achegar á libraría. O clube será de inscrición gratuíta e para un grupo de dez persoas. A actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela.
A Libraría NUMAX acollerá o sábado 19 de febreiro a firma de libros e a presentación da novela de Cristina Sánchez-Andrade, «La nostalgia de la mujer anfibio», editada por Anagrama. Nesta ocasión a presentación terá un novo formato. Faranse dúas quendas, a primeira ás 19:30 e a segunda ás 20:20, nas que a autora estará acompañada pola escritora Inma López Silva. Imaxe © Carlos Porras.