Actualidade

Cinema

Petís NUMAX volve no verán con tarifas reducidas e entradas de balde

Chega o verán e volve Petís NUMAX cunha programación moi especial que vai ter lugar todos os sábados, domingos e festivos dos meses de xullo e agosto. Poderedes gozar da mellor animación para peques, anime, comedia muda ou clásicos do cinema cunha tarifa especial reducida para nenos, nenas e acompañantes e 1 entrada gratuíta logo de cada 5 visionados. Arrancamos!

 

Ver máis

Libraría

A escritora arxentina Mariana Enriquez visita NUMAX

A sala de cine de NUMAX acollerá o encontro ca raíña da literatura de terror arxentina Mariana Enriquez. Na súa visita, que terá lugar o próximo mércores 13 de xullo ás 18h00, a escritora estará acompañada pola docente e investigadora Marta Pérez Pereiro. As reservas para asistir ao encontro están completas pero a partir das 19:30 haberá firma de libros aberta ao público no espazo de libraría.

Ver máis

Libraría

É un falar #02 con Uxue Alberdi e Susana Sánchez Aríns: «Escribir a voz»

A segunda conversa da actividade «É un falar» terá lugar o mércores 6 de xullo ás 20:30 da tarde e reunirá na Libraría NUMAX á escritora vasca Uxue Alberdi coa escritora galega Susana Sánchez Aríns. No encontro, que leva por título «Escribir a voz», ambas falarán sobre a importancia dos testemuños orais na elaboración das súas obras. Esta actividade está apoiada pola Deputación da Coruña.

Ver máis

Libraría

As poetas Luz Pichel e María Salgado dialogarán sobre as súas últimas obras na actividade da Libraría NUMAX para a SELIC

A Libraría NUMAX sae á rúa do 13 ao 17 de xuño para participar na Semana do Libro de Compostela (SELIC) que nesta ocasión se celebrará na Praza do Toural. Ademais, somos as organizadoras do diálogo poético entre as poetas Luz Pichel e María Salgado, no que ambas autoras falarán sobre os seus últimos traballos, obras de forte contido persoal nas que exploran a identidade e os límites da linguaxe. Será o luns 13 de xuño ás 18:30 da tarde no Toural. 

Ver máis