Actualidade

NUMAX

Encontro co cineasta xaponés Nobuhiro Suwa

O domingo 29 de abril ás 11:30 da mañá recibiremos unha visita moi especial. Nobuhiro Suwa, «o cineasta xaponés máis importante do século XXI» (Otros Cines Europa) ofrecerá un encontro co público no Cinema NUMAX dentro do programa «A cor das palabras. Encontros con cineastas» organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX. A entrada é gratuíta e podedes reservar xa a vosa entrada no correo [email protected]

Ver máis

Libraría

Encontro co cantante Marco Beasley

Dentro da programación paralela do ciclo De Lugares e Órganos, organizado pola Concellaría de Acción Cultural de Compostela, terá lugar, na Libraría NUMAX o xoves 29 de marzo ás 20.00 h, un encontro informal co cantante Marco Beasley, a quen acompañará a cantante Rosana Orsini. 

Ver máis

Libraría

Pezas "fóra dos museos" na Libraría NUMAX

“Fóra dos museos” traza un percorrido singular para que visitantes e público en xeral poidan, dunha banda, gozar de preto de seis pezas únicas provintes de museos e coleccións privadas, e doutra, reflexionar sobre o papel destas institucións en Galicia. Partindo dunha escolla de seis pezas que se irán exhibindo, a partir do 13 de marzo ás 20:00, durante oito meses, achegarémonos á súa orixe e problemáticas, e preguntarémonos que tipo de obxectos custodian.

Ver máis