O 31 Festival Cineuropa no Cinema NUMAX
Un ano máis o mes de novembro chega a Compostela cargado de cinema co 31 Festival Cineuropa e, por segundo ano consecutivo, o Cinema NUMAX ha ser unha das sedes do certame, do 10 ao 23 de novembro.
A programación do Cinema NUMAX en Cineuropa arranca o venres 10 de novembro e prolongarase durante dúas semanas, cunha proposta variada e suxestiva que nos achegará a algúns dos títulos máis salientábeis do cinema internacional neste 2017. Canda cineastas consagradas como Lucrecia Martel, Frederick Wiseman ou o portugués Pedro Pinho (a quen se lle dedica un Foco completo) súmanse novos valores en alza do cinema galego, español e internacional, con especial atención ao panorama latinoamericano e a cinematografía islandesa, unha das grandes protagonistas desta edición.
Deixámosvos a continuación o horario con todas as sesións de Cineuropa en NUMAX, ás que tamén podedes acceder no apartado específico da nosa web. As entradas xa se atopan á venda.
Venres 10
17:30 — Yarn / Fío (Una Lorenzen)
19:00 — Sami Blood (Amanda Kernell)
21:30 — El pacto de Adriana (Lisette Orozco)
Sábado 11
17:30 — Mañana a esta hora (Lina Rodríguez)
19:15 — 2015 2016 (VV. AA.)
21:00 — Vida vaquera (Ramón Lluís Bande)
23:20 — La memoria de los huesos (Facundo Beraudi)
Domingo 12
17:30 — Paraíso roubado / Somos plaga (Lukas Santiago / Xiana Gómez-Díaz & Emilio Fonseca)
19:30 — Ex Libris: The New York Public Library (Frederick Wiseman)
23:00 — Los cuerpos dóciles ( Matías Scarvaci & Diego Gachassin )
Luns 13
17:30 — Favio: Crónica de un director (Alejandro Venturini)
19:45 — Backyard / Islandia, ano cero (Árni Sveinsson / Sigurður Hallmar Magnússon & Armande Chollat-Namy)
22:00 — Vida de familia (Alicia Scherson & Cristián Jiménez)
Martes 14
17:30 — Matria / O tempo futuro (Álvaro Gago / Xoán Escudero)
19:45 — Ex Libris: The New York Public Library (Frederick Wiseman)
23:00 — 78/52 (Alexandre O. Philippe)
Mércores 15
18:00 — Comrade, Where Are You Today? (Kirsi Marie Liimatainen)
20:15 — O equilibrio dos opostos (Alberto Baamonde)
Xoves 16
18:00 — Vida vaquera (Ramón Lluís Bande)
20:15 — El mar nos mira de lejos (Manuel Muñoz Rivas)
22:00 — O alfinete negro (Ivan Marinovic)
Venres 17
17:30 — Entre a onda e a rocha (Manuel Lógar)
19:30 — Caballo de viento (Moisés Salama)
21:45 — Out of Love (Paloma Aguilera Valdebenito)
Sábado 18
18:00 — Programa Audiovisual Galego #2 (VV. AA.)
19:15 — El techo / La singular historia de Juan sin Nada (Patricia Ramos / Ricardo Figueredo Oliva)
21:30 — Vonarstræti (Life in a Fishbowl) / A vida nun acuario ( Baldvin Zophoníasson)
Domingo 19
18:00 — Foco Alberte Pagán
20:00 — Un secreto en la caja (Javier Izquierdo)
21:30 — Jar City / As marismas (Baltasar Kormákur)
Luns 20
18:00 — Angélica [Una tragedia] (Manuel Fernández-Valdés)
20:00 — As Cidades e as Trocas (Luísa Homem & Pedro Pinho)
23:00 — O Estranho Caso de Ezequiel (Guto Parente)
Martes 21
17:30 — Estados clandestinos. Un capítulo rioplatense de la Operación Cóndor (Manuel Lógar)
19:15 — Um fim do mundo (Pedro Pinho)
20:45 — Adios entusiasmo (Vladimir Durán)
22:30 — No te olvides de mí (Fernanda Ramondo)
Mércores 22
18:00 — Bab Sebta (Pedro Pinho & Federico Lobo)
20:00 — Sitio distinto (Davide Cabaleiro)
22:00 — Cuori Puri (Roberto de Paolis)
Xoves 23
18:30 — El mar nos mira de lejos (Manuel Muñoz Rivas)
20:15 — Zama (Lucrecia Martel)
22:30 — Santa y Andrés (Carlos Lechuga)