Comezo de curso con catro filmes, dentro do ciclo «Os Ollos Verdes. O cinema inédito de Numax»
Aínda que estraño, encetamos novo curso e nova fornada de filmes adscritos ao ciclo Os Ollos Verdes. O cinema inédito de NUMAX. Como en anteriores edicións, o ciclo conta co apoio da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago e a entrada é gratuíta até que se completen as prazas da sala de cinema. Ademais, se estudas na USC podes obter 1 crédito ECTS pola asistencia ás sesións (máis información no correo [email protected]).