Actualidade

NUMAX

A cineasta Salomé Lamas presenta filme e libro en NUMAX

O venres 6 de marzo o Cinema NUMAX terá como gran protagonista a cineasta portuguesa Salomé Lamas, unha das creadoras máis inquedas e anovadoras do cinema luso, a quen xa coñeceramos na presentación de El Dorado XXI e Terra de ninguem. As actividades coa directora portuguesa contan coa colaboración de Estraperlo Editora, Intersección. Contemporary Audiovisual Art Fest e o Consello da Cultura Galega.

Ver máis

Cinema

Retrospectiva á obra de Kleber Mendonça Filho

Estamos moi felices de anunciar a retrospectiva á obra do director brasileiro Kleber Mendonça Filho, un dos autores máis suxestivos do cinema mundial. As proxeccións terán lugar os luns do mes de marzo e culminarán coa visita do cineasta de Recife na preestrea do seu último filme, Bacurau. A restrospectiva inclúese no noso ciclo Os ollos verdes e conta coa colaboración de Vitrine Filmes.

Ver máis

Cinema

O mellor cinema para crianzas todos os domingos pola mañá en Petís NUMAX

Todos os domingos ás 11:30 da mañá as máis pequenas da casa teñen unha cita co mellor cinema para crianzas en Petís NUMAX. Unha estupenda iniciación na sétima arte que combina alfaias da animación contemporánea con grandes clásicos da comedia (Chaplin, Keaton, Tati). A actividade ten tarifa reducida para menores de 13 anos e entradas gratuítas! Pide xa a túa tarxeta Petís na nosa billeteira.

Ver máis

Cinema

Encontro A cor das palabras con Paulino Viota: «A herdanza do cinema, historia das formas»

O encontro A cor das palabras organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX contará cun convidado moi especial. O profesor, teórico e cineasta Paulino Viota debullará o cinema de John Ford a partir da análise d'A lexión invencíbel. O encontro leva por título A herdanza do cinema, historia das formas, e terá lugar o sábado 29 de febreiro ás 11:30 no Cinema NUMAX. Reservas en [email protected].

Ver máis