Animal
Baixo o cálido sol grego e nas abafantes noites dun verán eterno, a historia dun grupo de animadores desenvólvese devagar entre xogos divertidos, espectáculos de baile e encontros nocturnos tras o escenario. Ler máis
Baixo o cálido sol grego e nas abafantes noites dun verán eterno, a historia dun grupo de animadores desenvólvese devagar entre xogos divertidos, espectáculos de baile e encontros nocturnos tras o escenario. Ler máis
Martim, de 57 anos, lembra a súa estadía de un ano e medio na Unión Soviética en 1979. Ten 15 anos e é un neno de aspecto inocente. Os seus pais, militantes do Partido Comunista, pensan que o mandan a un lugar seguro, a unha sociedade á altura de todos os seus ideais. Ler máis
Logo de a súa cuñada morrer nun estraño accidente de moto en Saigón, Thien asume a tarefa de levar o seu corpo de volta á súa aldea no campo. É unha viaxe na que tamén leva o seu sobriño Dao, de 5 anos, que sobreviviu de xeito milagroso ao accidente. Ler máis
Rúa Santa Fe, nunha barriada de Santiago de Chile, 5 de outubro de 1974. Carmen Castillo sobrevive ao seu compañeiro Miguel Enríquez, dirixente do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR polas súas siglas en español) e da resistencia contra a ditadura de Pinochet, que morre no asalto á súa casa por parte dos militares. Ler máis
En 1985, dous anos logo do remate da ditadura militar en Arxentina, os principais membros da xunta son xulgados nos tribunais. Ulises de la Orden crea 18 capítulos sucintamente editados a partir de 530 horas de metraxe que serven de testemuño do terrorismo de Estado. Ler máis
En maio do 2016, un grupo de once mulleres parte da vila de Vinhais, ao norte de Portugal, en romaría cara ao Santuario de Fátima. Ao longo de nove días e de máis de 400 quilómetros, atravesan medio país para cumpriren as súas promesas, mais o esgotamento, a choiva e as diferenzas de opinión causarán constantes tensións entre elas. Ler máis
Stefan, un traballador da construción romanés que vive en Bruxelas, está a piques de viaxar de volta para a súa casa. Cando está xa para marchar, coñece unha moza belgo-chinesa que traballa nun pequeno restaurante ao tempo que realiza o seu doutoramento sobre musgos. Ler máis
Purdey, de dezasete anos, e mais o seu irmán Makenzy, de quince, viven sós e tentan desenvolverse como poden. Purdey traballa de limpadora nun complexo hostaleiro e Makenzy consegue algúns cartos roubándolles aos turistas. Ler máis
Nunha interminable autoestrada do deserto, oito automobilistas que van de vacacións comparten unha experiencia que trocará os seus plans e as súas vidas. Logo de que un misterioso descoñecido revele o agocho dunha fortuna procedente dun roubo, cada un deles emprende unha endiañada e desenfreada carreira por se faceren co botín. Ler máis
Un cantante de sona, coñecido pola súa reputación de conquistador empedernido, chega co seu luxoso coche a unha vila chamada Clímax. Nela viven dous amigos: un fracasado profesor de piano e o encargado da gasolineira. Cando recoñecen o cantante, conciben a esperanza de que lles poida ofrecer unha oportunidade para entraren no mundo da música. Ler máis
Sadiel, un destacado líder rebelde norteafricano, refúxiase en Suíza tras o triunfo dun golpe de estado no seu país. Desde o exilio, organiza unha oposición democrática contra a ditadura en Marrocos. Consciente da ameaza que Sadiel representa, o coronel Kassar ponse en contacto cos servizos franceses para que o eliminen. Ler máis
Anton Ludvik é o viceministro de Asuntos Exteriores de Checoslovaquia. Un día, é arrestado e encarcerado en confinamento solitario. O filme amosa as torturas mentais para lograr que un funcionario confese traizón. Ler máis
Un grupo de persoas, un tema para debater —a detención dun sedutor profesional— e a cámara sempre vixiante de Virginia García del Pino. Ler máis
Marcia Merino, máis coñecida como “la flaca Alejandra”, foi dirixente dunha célula do MIR. A policía de Pinochet (DINA, Dirección de Intelixencia Nacional) deuna transformado en colaboradora a través da tortura. Ler máis
En 1965, Diego, un militante do Partido Comunista de España, vive exiliado en París. Cruza regularmente a fronteira con identidades falsas, asegurando deste xeito a relación entre os militantes exiliados e aqueloutros que quedaron en España. Á volta dunha misión difícil, Diego comeza a dubidar do sentido das súas accións e dos medios empregados para elas. Ler máis
1977. Sandra, de 18 anos, é actriz na España da Transición, nun momento no que ser nova e guapa condena as intérpretes ao chamado “cinema do destape”. Pero Sandra aspira a ser unha actriz seria, importante, e sabe que para iso ten un duro camiño por diante. Ler máis
Fabián Cortés é un bandoneonista de Aquilea, un país en plena ditadura militar. Exiliado, vive en Francia, onde é un músico recoñecido. Con todo, soña con volver ao seu país. A súa irmá Marta, militante dunha agrupación de esquerda, viaxa cos seus compañeiros para buscalo. Ler máis
O único documental dirixido polo político e escritor Jorge Semprún Maura é este relato polifónico sobre a Guerra Civil española e as súas consecuencias, centrado nas experiencias dos republicanos que perderon, mais aberta a interpretacións diversas sobre a guerra e a posguerra. Ler máis
Larrea é un español, fillo de exiliados, que acadou un notable éxito en Francia como escritor e guionista cinematográfico. Os seus principais desvelos son propiciados pola tensa relación que mantén co seu fillo. A todo isto engádese o desencanto de ver o ditador Franco morrer na cama con poder absoluto. Ler máis
O frío inverno atopa a poeta ucraína Tamara Zhurba prostrada nunha aldea perdida no medio da selva abafante. Valentyna, a súa única filla, ocúpase dela e dos poucos animais dunha pequena granxa, mentres debuxa as súas lembranzas en follas soltas. O destino semella estar borroso, como as memorias dun vello poema que se agocha nunha paisaxe escura. Ler máis
Ao se mudaren catro mulleres a unha vella casa herdada por unha delas dunha tía que acaba de falecer, comezan a ocorrer cousas ben raras: voces desacougantes, visións espectrais e ruídos estraños fan que se teñan que enfrontar cos poderes escuros do mal. Ler máis
Este proxecto creativo segue o percorrido que realizou coa súa moto o xornalista e escritor Ramón Chao para a elaboración da súa novela Prisciliano de Compostela por diversos lugares de Europa nos anos noventa. Ler máis
Terceira compilación de curtametraxes do Panorama Audiovisual Galego coas pezas: "Espantos e desencantos", "Na pel da memoria", "Din que non falan", "Lique" e "Habitar". Ler máis
Terceira compilación de curtametraxes do Panorama Audiovisual Galego coas pezas: "Alicia fai cousas", "Lavadoiro", "O neno sardiña", "Hondarrak" Ler máis
Dous humildes leñadores indíxenas descobren os restos dun avión que se estrelou no alto da serra e deciden roubar as pertenzas de todos os ocupantes mortos no accidente. Cando se dispoñen a facelo, chegan dous carboeiros coas mesmas intencións. O que seguirá nesta historia será un duelo de cobiza e traizón, do que ninguén sairá impune. Ler máis
Márcia é nai solteira de dous fillos, traballa como cociñeira e comparte a súa casa nun barrio periférico de Lisboa coa súa irmá, Ivete, perruqueira nun centro comercial. Un día, Cláudia, a súa filla, que estuda enfermaría e traballa como caixeira nun supermercado, cóntalle á nai que está namorada dun home maior ca ela e casado. Cando Márcia coñece este home, percibe que unha ameaza gravísima pesa sobre a súa familia. Ler máis
Francia, 1933. Serge Stavisky é un home encantador, sedutor, xogador de cartas e traficante internacional. Coñecido como “O Bello Sacha” construíu un imperio a base de mentiras, empresas ficticias, fraudes, cambios de identidade e poder de convicción, involucrando nas súas estafas a altas personalidades políticas e financeiras do país. Ler máis
Obsesionado coa idea de rodar un filme sobre a miseria e o sufrimento, o director de cine John L. Sullivan convence aos executivos do estudio para que lle permitan percorrer o país disfrazado de vagabundo antes de empezar a rodar. Ler máis
Goro e Gun son dous camioneiros que deciden apearse nunha estación de servizo para descansar e tomar un ramen, a típica sopa de fideos xaponesa. Alí son testemuñas dunha pelexa entre gánsteres coa cociñeira Tampopo polo medio. Ler máis
Entre setembro do 2008 e abril do 2010, Rita Blanco, Anabela Moreira, Vera Barreto, Cleia Almeida, Rafael Morais, Marcello Urgeghe, Beatriz Batarda, Nuno Lopes, Teresa Madruga, Wilma de Brito e João Canijo –elenco e director de "Sangue do meu sangue"– traballaron xuntos na creación dos personaxes, na historia e mais no guión do que un día se convertería na nova película de Canijo. Ler máis
Cando Fadinard está a piques de casar, de camiño á celebración, o seu cabalo come o chapeu dunha señora casada que está paseando co seu amante. Para tentar arranxar a situación, Fadinard ten que atopar un chapeu idéntico ao da señora para evitar a súa deshonra. Isto vai perturbar moito o seu propio casamento. Ler máis
Cineuropa 37 acolle a fase final da especialidade de videocreación do certame Xuventude Crea 2023, un programa da Xunta de Galicia que procura recoñecer as propostas creativas da mocidade galega. Ler máis