Actualidade

Cinema

O Festival Curtocircuíto vívese en NUMAX

Fainos moita ilusión anunciar que, por sexta edición consecutiva, o Cinema NUMAX é unha das sedes do Festival Curtocircuíto, un dos certames máis suxestivos, dinámicos e anovadores do panorama actual. Neste 2020, as sesións en NUMAX terán lugar do 8 ao 10 de outubro. Tedes a continuación todos os detalles.

Ver máis

Cinema

Ciclo de cinema social con Compostela + solidaria

Entre o 14 de setembro e o 5 de outubro o Cinema NUMAX acolle o Cinefórum social de Compostela + solidaria, organizado pola coordinadora Galega de ONGD e coa colaboración de Agareso. A entrada aos filmes é de balde previa recollida de entradas a partir do venres anterior a cada sesión.

Ver máis

Cinema

Comezo de curso con catro filmes, dentro do ciclo «Os Ollos Verdes. O cinema inédito de Numax»

Aínda que estraño, encetamos novo curso e nova fornada de filmes adscritos ao ciclo Os Ollos Verdes. O cinema inédito de NUMAX. Como en anteriores edicións, o ciclo conta co apoio da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago e a entrada é gratuíta até que se completen as prazas da sala de cinema. Ademais, se estudas na USC podes obter 1 crédito ECTS pola asistencia ás sesións (máis información no correo [email protected]).

Ver máis

Libraría

Encontro literario con Antón Blanco e Anna Gas: «1996. Cristal / ruína de idioma»

Na foto, o poeta Antón Blanco

Enmarcado no programa de animación lectora “Afinidades Electivas. Encontros literarios en Librarías” que organiza a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, a libraría NUMAX acolle o próximo sábado 12 de setembro ás 12:00h un encontro literario con Antón Blanco e Anna Gas, dúas voces mozas da poesía catalá e galega. Para asistir á cita é preciso reservar praza no correo [email protected], posto que a capacidade da Libraría é limitada.

Ver máis