Foco William A. Wellman, 4 obras clave dun rebelde de Hollywood
O novo foco de NUMAX percorre até o 5 de xuño, a obra de William A. Wellman, con 4 obras mestras que nos farán viaxar polos grandes xéneros do cinema clásico. Comezamos!
O novo foco de NUMAX percorre até o 5 de xuño, a obra de William A. Wellman, con 4 obras mestras que nos farán viaxar polos grandes xéneros do cinema clásico. Comezamos!
En vésperas da homenaxe a Xela Arias no Día das Letras Galegas, chega a segunda cita co ciclo «Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias», agora coa creadora téxtil Io Morales. A actividade, previa reserva, é o sábado 15 de maio ás 13:30h nunha actividade comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.
Tes entre 18 e 25 anos? Dominas o inglés? Gústache o cinema e compartir as túas impresións na rede? Se cumpres estas 3 condicións tes unha oportunidade única para ser xurado no Festival de Venecia co 27 Times Cinema, un programa que permite a 27 mozos e mozas de toda Europa acudir ao festival cos gastos pagados para ser xurado da sección Giornati degli Autori, outorgando un premio específico da sección.
O 23 de abril sumámonos á celebración do Día do Libro con interesantes novidades e vantaxes. Haberá sinatura de libros a cargo de Suso de Toro, Berta Dávila e Carlos Meixide e un desconto especial dun 10% durante todo o día nas túas compras da Libraría, en tenda ou a través da web.
O vindeiro venres 16 de abril ás 19:30 acollemos a presentación do libro «Um país a la gallega. Galiza no NO-DO franquista» (Através Editora), coa presenza da autora, Beatriz Busto Miramontes, canda a coordinadora do volume Sabela Fernández.
Durante o mes de abril recuperamos tres obras mestras do Neorrealismo italiano, obra de Roberto Rossellini, Giuseppe de Santis e Vittorio de Sica.