Este venres 6 ás 20:00 a Libraría NUMAX acolle a presentación da novela Veintitantos problemas, de Álvaro Domínguez, publicada por Tandaia. Acompañarao o editor Borja F. Caamaño.
Este venres 6 ás 20:00 a Libraría NUMAX acolle a presentación da novela Veintitantos problemas, de Álvaro Domínguez, publicada por Tandaia. Acompañarao o editor Borja F. Caamaño.
O domingo 29 de abril ás 11:30 da mañá recibiremos unha visita moi especial. Nobuhiro Suwa, «o cineasta xaponés máis importante do século XXI» (Otros Cines Europa) ofrecerá un encontro co público no Cinema NUMAX dentro do programa «A cor das palabras. Encontros con cineastas» organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX. A entrada é gratuíta e podedes reservar xa a vosa entrada no correo [email protected]
Dentro da programación paralela do ciclo De Lugares e Órganos, organizado pola Concellaría de Acción Cultural de Compostela, terá lugar, na Libraría NUMAX o xoves 29 de marzo ás 20.00 h, un encontro informal co cantante Marco Beasley, a quen acompañará a cantante Rosana Orsini.
O poeta de Vilagarcía presenta o seu segundo poemario no Día Mundial da Poesía. Será o mércores 21 de marzo ás 19:30 na Libraría NUMAX, e estará acompañado da crítica literaria e poeta Alba Cid e do editor Carlos Lema.
Na Libraría NUMAX non paramos! Este venres 16 de marzo ás 20:00 recibimos a visita do guionista, xornalista e escritor Alfonso Castillo (A Pobra do Caramiñal, 1985) para nos presentar a súa primeira novela, Lo que sueñan los perros. No acto estará acompañado por Manuel Burraco Gaitán e Zacarías Lara da Editorial Barrett.